O Seprona busca cebos envelenados nos montes da Barbanza e da Coruña
O Seprona busca cebos envelenados nos montes da Barbanza e da Coruña
Varios cans de caza morreron despois de entrenar nesas zonas
Tamén desapareceu unha manda de lobos, obxecto dun estudo
O Servizo de Protección da Natureza busca cebos envelenados nos montes das bisbarras da Barbanza e da Coruña tras as denuncias de cazadores pola morte de varios cans e a desaparición dunha manda de lobos, obxecto de estudo.
A Garda Civil e o Seprona rastrexan os montes, polo de agora sen resultado, ao sospeitar que alguén puido esparexer restos de comida con substancias tóxicas para controlar os danos que sofren as explotacións agropecuarias.
Os restos dos cans xa foron remitidos ao laboratorio de referencia para analizar e identificar as causas da morte mentres prosegue a investigación co obxecto de localizar o autor ou autores do envelenamento.