Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas activa a prolongación voluntaria da xornada para os médicos de primaria

O Sergas activa a prolongación voluntaria da xornada para os médicos de primaria

O conselleiro de Sanidade avanza que prevén comezar en xuño as obras do Centro de Protonterapia de Galicia

A partir do 10 de abril tamén se administrará a vacina contra o hérpes zóster ás persoas de entre 65 e 80 anos, ademais de aos grupos de risco que xa a van recibir

G24.gal 02/04/2023 08:19 Última actualización 02/04/2023 14:04

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anuncia na Radio Galega que a prolongación voluntaria da xornada para os médicos de atención primaria para atender pacientes da propia cota empezarase a aplicar en abril. Trátase dunha das medidas acordadas na mesa sectorial no marco do Plan de ordenación de atención primaria.

Segundo explicou nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, a aplicación deste sistema vai ser "de forma voluntaria, limitada no tempo e vehiculizada para cada profesional sempre e cando se cumpran unha serie de criterios previamente establecidos".

García Comesaña citou como criterios "ter un mínimo de tarxetas, superior a 1.200, superar de forma sistemática esa demanda e unha demora continua de catro días". A prolongación voluntaria será de "dúas horas de axenda de tarde para atender eses pacientes do propio continxente que se van ver beneficiados desta ferramenta", explicou o conselleiro de Sanidade.

"Ese tema das axendas e da accesibilidade foi un dos temas máis comentados, máis traballados e máis prioritarios para todos, para os sindicatos e para nós. Polo tanto cremos que no vindeiro mes de abril, se todo vai ben, podemos ter xa habilitadas estas ferramentas e poder empezar xa no mes de abril".

Vacinación hérpes zóster

O conselleiro de Sanidade tamén anunciou que a partir do 10 de abril o Sergas empezará a administrar a vacina contra o herpes zóster a persoas de entre 65 e 80 anos a maiores dos grupos de risco que xa a van recibir. 

"O compromiso, estamos facendo cos adultos de máis de 18 anos que pertencen a un grupo de alto risco (...) todas estas persoas xa a van recibir, pero é probable, case que adianto que o 10 de abril imos administrar a vacina de herpes zóster ás persoas de idade de 65 a 80 anos como anunciamos". 

Centro Protonterapia de Galicia 

Julio García Comesaña avanzou tamén que o Sergas prevé comezar en xuño as obras do novo Centro de Protonterapia de Galicia que se instalará en Santiago. O conselleiro de Sanidade detallou que "contra o venres 21 de abril poder ter xa unha adxudicación próxima". Lembra que se presentaron ao concurso 7 empresas, que xa teñen o visto e prace do Concello de Santiago polo que estima que "podería levarnos a estar dispostos a comezar as obras no mes de xuño aproximadamente"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade