O Sergas chama a doar sangue ao baixar as reservas de A positivo e 0 negativo
O Sergas chama a doar sangue ao baixar as reservas de A positivo e 0 negativo
Sanidade sinala que hai moitos pacientes nos hospitais á espera dunha transfusión de sangue
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Servizo Galego de Saúde (Sergas) chama á cidadanía a doar sangue tras constatar que as reservas dos grupos A positivo e 0 negativo están en niveis baixos.
De feito, os únicos grupos que están nun nivel bo son B negativo, AB positivo e AB negativo, mentres que A negativo, 0 positivo e B positivo se atopan normais.
O Sergas sinala que hai moitos pacientes nos hospitais que precisan dunha transfusión. Para atendelos, estima que se precisan case 500 doazóns diarias.
Por iso, fai un chamamento á sociedade para achegarse a algunha do dez unidades móbiles que diariamente percorrerán municipios das catro provincias galegas ou a calquera dos sete puntos permanentes de doazón, situados nas principais cidades.