O Sergas detecta unha repunta de casos de coronavirus na Atención Primaria
O Sergas detecta unha repunta de casos de coronavirus na Atención Primaria
Hai case 1000 pacientes con infección activa, 146 persoas que necesitaron hospitalización e 4 en coidados intensivos
O Sergas vén de detectar, nas dúas últimas semanas e a través das consultas en atención primaria, unha repunta de casos de covid-19 en Galicia. Con todo, o sistema sanitario non está tensionado.
Recoñece que en Galicia temos cifras máis altas de COVID que nas últimas dúas semanas e que aínda que houbo sobrecargas puntuais nos servizos de urxencias o sistema sanitario galego non está tensionado.
Segundo os datos comunicados polos médicos de familia en Galicia hai case 1000 pacientes con infección activa, 146 persoas que necesitaron hospitalización e 4 en coidados intensivos, un deles no hospital Álvaro Cunqueiro. A área sanitaria con máis ingresados é a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 32 hospitalizados e un ingreso tamén na UCI.
O 83,5 % dos casos non precisan ingreso grazas á cobertura da vacinación en Galicia. Aínda así hoxe hai 146 hospitalizados e catro deles na Unidade de Coidados Intensivos
Non todos os casos están comunicados, a xente segue coa súa vida apesares da Covid 19, e son os menos os que teñen síntomas incapacitantes coma febre, tose ou afonía e que collen a baixa médica. 964 persoas son os pacientes con infección activa en toda Galicia. Máis de cen foron comunicados en vinte e catro horas.
A enfermidade, lembran desde o Sergas, non ten unha distribución estacional e depende máis das interaccións sociais, maiores na primavera e no verán. Sanidade segue insistindo no uso da máscara cando aparecen síntomas e en manter as medidas de hixiene respiratoria e o lavado frecuente das mans.