Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas distribúe sensores de glicosa entre os pacientes con diabetes

O Sergas distribúe sensores de glicosa entre os pacientes con diabetes

O proxecto E-Diabetes permite a a monitorización en tempo real dos niveis de cada paciente

Antes de finais de ano, esperan chegar a todas as persoas con diabetes tipo 1

G24.gal 06/11/2024 14:29

Entrega a domicilio de dous sensores de glicosa ao mes e monitorización en tempo real dos niveis de cada paciente. É o obxectivo do proxecto e-diabates, que os servizos de endocrinoloxía consideran un gran salto no tratamento desta enfermidade. 

Luna ten 17 anos e diabetes tipo 1. Os datos do sensor que leva no brazo permiten facer un seguimento da evolución dos seus niveis de glicosa. Os datos que reportaba o sensor xa se podían descargar, pero agora poden verse en tempo real desde a aplicación Telea.

"O sensor o que fai é medir continuamente os niveis de glicosa que ten esa persoa ao longo das 24 horas do día. Os sensores permítennos poder axustar moito mellor os tratamentos porque deste xeito sabemos en que momento do día pode estar alto, ou baixo. E a aplicación Telea o que fai é darnos en tempo real o que pasa con ese paciente", detallou Teresa Martínez, a xefa do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC.

Antes de que remate o ano, Telea servirá tamén para que o paciente reciba no domicilio os dous sensores que precisa por mes. Unha novidade que tamén permite evitar a incomodidade dos desprazamentos aos centros de saúde ou hospitais.

 "Mellora moito porque, por exemplo, non tes que vir sempre ás citas, que as podes ter telefónicas", di Luna Santos Veiga, que é paciente de diabetes tipo 1.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade