Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas pídelle á Sanidade que recúe e cambie o sistema de elección de prazas MIR

O Sergas pídelle á Sanidade que recúe e cambie o sistema de elección de prazas MIR

Galicia non conseguiu cubrir todas as prazas MIR, sobre todo de medicina de familia

O xerente do Sergas afirma que a Xunta aposta pola atención primaria na próxima convocatoria

G24.gal 29/05/2022 13:41 Última actualización 29/05/2022 13:53

O Servizo Galego de Saúde pídelle ao Ministerio de Sanidade que recúe e permita cubrir as nove prazas MIR de medicina de familia que quedaron sen ocupar. O xerente do Sergas, José Flores, cre que se deberían flexibilizar os criterios de selección para paliar a alarmante escaseza de médicos de atención primaria. 

O xerente do Sergas, José Flores, admite que a atención primaria está á beira do colapso en Galicia e en toda España e que é preciso contratar máis médicos. Lamenta que non se cubrisen todas as prazas MIR ofertadas na última convocatoria, sobre todo as de medicina de familia, e culpa, en parte, o sistema de elección de praza, que deixou de ser presencial pola pandemia.

"Realmente o MIR debería ser un proceso que non te exclúa de poder coller unha praza, senón que se implemente un proceso que te ordene á hora de poder elixir antes ou despois, pero non ten sentido que xente que se presentou ao MIR e ten aprobada a súa carreira, que son graduados en medicina, non poidan optar a unha especialización"

En Galicia quedaron vacantes 9 das 142 que se ofrecían. O ano pasado eran as mesmas e cubríronse todas. 

"Xa para este ano pedimos..., aínda o ministerio está a tempo de recuar, e dicir que poidan coller esas nove prazas de médicos de familia os médicos que quedaron sen poder escoller, e cara ao 2023 incrementamos ata 71 prazas, imos ofertar o 100 por cento das acreditadas polo Goberno central, 64 son de médicos de familia"

Á parte do número de prazas, outro debate pendente é a posible falta de incentivos para formarse como médicos de familia. De momento, o Sergas non descarta estender a outros puntos de Galicia o modelo de vivendas de balde para os médicos de fóra que veñan traballar a Sanxenxo durante o verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade