Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez doentes con linfoma van probar un tratamento innovador en Santiago

Dez doentes con linfoma van probar un tratamento innovador en Santiago

Son terapias personalizadas que modifican os linfocitos para atacar as células canceríxenas

Polo momento, so sé ofrecen cando fracasan outros tratamentos

G24.gal 03/03/2024 12:55 Última actualización 03/03/2024 13:59

O ensaio clínico vai dirixido a doentes con determinados linfomas e xa pasou a fase administrativa. Nun par de semanas, o Sergas ten previsto empezar a recrutar unha decena de persoas para probar o novo tratamento. 

"É unha forma máis natural ao seren as propias defensas as que se modifican nun laboratorio para identificar as células canceríxenas. Extráense estas células, modifícanse xeneticamente para identificar este cancro e se volven inocular na persoa". 

O tratamento deseñouse no hospital Clinic de Barcelona e fabricarase no Centro de Terapias Avanzadas de Santiago.

"Eu creo que é un grande avance para todos os galegos ter a fabricación destes CAR-T preto. Todos os procesos serán máis áxiles e é unha maneira de atraer proxectos de investigación e crear unha base científica para seguir investigando". 

Esta terapia cura a enfermidade nalgúns casos e noutros faina crónica. Pero hoxe en día só se ofrece cando fallan outros tratamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade