Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sindicato ferroviario CGT pide melloras no servizo dos trens Avril dúas semanas antes da súa estrea

O sindicato ferroviario CGT pide melloras no servizo dos trens Avril dúas semanas antes da súa estrea

Propoñen a Renfe aproveitar os trens de alta velocidade para cubrir prazas nas viaxes de media distancia

G24.gal 06/05/2024 14:23

Vigo é a terceira estación de España con máis usuarios por tren, pero, segundo os propios pasaxeiros, con poucas prazas e frecuencias nas conexións entre as cidades galegas. 

Vigo supera os dous millóns de pasaxeiros na media distancia, por iso o sindicato ferroviario CGT propón a venda de prazas de media distancia nos trens Alvia e Avril. 

Na carta que lle enviaron ao Ministerio de Transportes salientan que deste xeito se aproveitarían os asentos de longa distancia que van sen cubrir. 

A CGT agarda que o ministerio atenda a súa petición antes da posta en marcha dos trens Avril o próximo día 21 deste mes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade