Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Son do Camiño esgota os últimos abonos á venda nunhas horas

O Son do Camiño esgota os últimos abonos á venda nunhas horas

Proximamente poderanse adquirir as entradas de días para gozar de artistas como La Oreja de Van Gogh, Baiuca, Berto ou J Balvin

G24.gal 20/12/2023 21:04

O Son do Camiño esgota en apenas unhas horas todos os abonos para a súa quinta edición, que terá lugar do 30 de maio ao 1 de xuño do 2024. Proximamente sacará á venda as entradas por días. 

Hoxe, mércores, saían a venda os últimos abonos, logo de que se esgotasen os 30.000 primeiros no mes de novembro. Ademais, anunciábase o cartel oficial confirmando os concertos de Baiuca, La Oreja de Van Gogh, Melendi, Berto, J Balvin, Rels B ou Myke Towers entre outros. Todos eles sumados as actuacións de Green Day e Thirty Seconds to Mars, que xa se confirmaran o pasado mes.

De feito, o vocalista de Thirty Seconds to Mars, Jared Leto, anticipouse fai uns días á conta oficial do Son do Camiño para desvelar o elenco de artistas que estaría presente no festival. Con todo, hai algunha modificación neste novo e oficial cartel.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade