Cargando resultados...
O 'spam' telefónico non cesa a pesar da nova lei
O 'spam' telefónico non cesa a pesar da nova lei
As empresas seguen realizando chamadas sen consentimento
A OCU alerta da utilización de trampas para esquivar a normativa do 29 de xuño
G24.gal
14/08/2023 15:15
O spam non cesa, e isto está a espertar as queixas dos consumidores. E as empresas que seguen con esta práctica poden ser sancionadas pola Axencia Española de Protección de Datos, en virtude da Lei xeral de Telecomunicacións do 29 de xuño.
Nela queda claro o dereito dos usuarios a non recibir chamadas non desexadas con fins comerciais.
Aínda así, as organizacións de consumidores alertan de que as empresas están a empregar trampas para esquivar unha lei moi agardada, pero polo de agora, pouco efectiva.