Publicador de contidos
Publicador de contidos

O SUP advirte dunha escalada da violencia na rúa

O SUP advirte dunha escalada da violencia na rúa

Un detido en Lugo por agedir outro no interior dun local nocturno

Catro detidos e tres feridos nunha liorta orixinada por un intento de roubo con violencia en Vigo

G24.gal 12/01/2023 14:19

O Sindicato Unificado de Policía amosa a súa preocupación polo incremento da violencia na rúa, especialmente de madrugada. Aos acoitelamentos rexistrados en Santiago súmanse esta semana dúas intervencións en Lugo e Vigo. Remataron con catro feridos e cinco detidos.

En Lugo a agresión ocorreu na madrugada do martes, no interior dun establecemento de ocio nocturno da rúa Tui. A vítima tivo que ser trasladada ao hospital con cortes na cara. O agresor, despois de prestar declaración no xulgado, quedou en liberdade, pendente de xuízo por un delito de lesións graves. 

O voceiro da Policía Nacional, Manuel Arias explica que: "Á persoa había que pararlle a hemorraxia inmediatamente porque estaba perdendo bastante sangue. Agrediuno dun xeito bastante brutal, bastante contundente xa que recibiu ata seis puntos de sutura".

Outra liorta, desta volta en Vigo, remataba o luns con catro detidos na rúa Pizarro. Tres quedaron feridos por golpes e cortes cunha botella de cristal. O detonante, un suposto intento de roubo violento.

Son feitos illados que se suman os dous acoitelamentos rexistrados en Santiago, un deles cun morto.

Para o secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía reflicten unha realidade: "Hai unha escalada da violencia. Nós percibímolo nas nosas intervencións no día a día. A xente colabora menos cos axentes da autoridade. Estanse producindo máis liortas tumultuarias, máis delitos de lesións. E a policía temos que facer a prevención precisa para que esas persoas se vexan acurraladas".

Con especial atención, di Roberto González, nas horas e zonas onde soen producirse estas liortas. Piden máis medios e reforzos de unidades especializadas en orde pública. E inciden na importancia da coordinación entre os tres corpos policiais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar