O SUP reclama máis axentes e especialización para as comisarías galegas
O SUP reclama máis axentes e especialización para as comisarías galegas
A vaga de altercados nocturnos reflicte, segundo o sindicato, as carencias
Só 55 dos 4.000 novos axentes foron destinados a Galicia
Unha presunta violación, unha liorta masiva ou dous feridos graves en senllos altercados. O ocio nocturno estase a converter nun foco de problemas nos que moitas veces están implicados menores de idade.
O Sindicato Unificado de Policía sinala que os axentes dispoñibles son insuficientes e que moitas veces teñen dificultades para restablecer a orde. Reclaman cadros de persoal máis amplos en todas as comisarías galegas.
Dos 4.000 novos axentes incorporados no último ano, tan só 55 están a traballar nas comisarías galegas. Por outra banda, o sindicato pide unha reflexión á sociedade para evitar que os menores estean na rúa a altas horas e consumindo alcohol e drogas.
Os axentes reclaman tamén máis formación especializada e maior coordinación con outros corpos policiais.