Publicador de contidos
Publicador de contidos

O suposto asasino de Ribeira fora denunciado por violencia machista nunha relación anterior

O suposto asasino de Ribeira fora denunciado por violencia machista nunha relación anterior

O presunto asasino tiña unha denuncia por violencia machista dunha parella anterior

Os investigadores tomaranlle declaración ao presunto agresor en canto reciba a alta médica

O fillo que tiñan en común, de dous anos, está ao coidado de familiares

As concentracións de repulsa polo crime de Ribeira sucedéronse este mércores

Galicia rexistra máis de 20 vítimas de violencia de xénero ao día, un 7,6 % máis ca en 2022

Rexeitamento do crime no instituto onde estudaron vítima e presunto asasino
G24.gal 20/03/2024 11:32 Última actualización 20/03/2024 21:36

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou este mércores que sobre o suposto asasino do crime de Ribeira pesaba unha denuncia por violencia machista dunha parella anterior.

O presunto asasino da moza de Ribeira está detido no Hospital Clínico de Santiago, onde ingresou tras intentar suicidarse. Está fóra de perigo e pasará a disposición xudicial nos próximos días, cando lle dean a alta. É un home de 25 anos, que tiña antecedentes por violencia machista. 

"No ano 2019 detívoo a Policía Nacional e tivo que estar facendo traballos comunitarios por outro caso de violencia machista cunha parella anterior", explicaba Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira.

"A vítima non estaba no sistema VioGen, neste caso non había denuncias . O presunto asasino si que tiña denuncias dunha relación anterior. Falamos dunha persoa reincidente, algo habitual en casos de violencia de xénero", comentou Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia.

O Ministerio do Interior ten rexistrados no sistema VioGen máis de 21.000 agresores reincidentes. E os datos revelan que algo máis do 41% dos condenados por violencia machista volven cometer o delito a curto prazo.

As concentracións de repulsa polo crime de Ribeira sucedéronse este mércores. Entre elas, no instituto en que ata hai ben pouco, estudaban vítima e agresor.

"Facerlles ver un pouco aos rapaces que a violencia machista non está tan lonxe. A liña educativa que seguimos neste centro incide moito na prevención deste tipo de comportamentos", explicou Manel Santiago, director do instituto de Ribeira.

Tamén ás portas da Delegación do Goberno en Galicia se gardou un minuto de silencio por Andrea, a primeira vítima da violencia de xénero en Galicia de 2024.

O delegado do Goberno confirma a existencia dunha denuncia contra este home en 2019

Na actualidade non constaba que a vítima mortal se atopase no sistema de seguimento integral nos casos de violencia de xénero (VioGén) do Ministerio do Interior, xa que non existía ningunha denuncia entre ambos os dous pero si, contra el, unha denuncia anterior doutra relación sentimental.

“Parece que poidan existir, pero estaban neutralizadas co paso do tempo”, sinalou Blanco sobre unha posible denuncia dunha parella previa en 2019 tras a que o presunto asasino quedara en liberdade.

Segundo sinalan fontes xudiciais, no partido xudicial de Ribeira, que se ocupa do caso, o detido non ten ningunha causa aberta por delitos relacionados con violencia sobre a muller e non consta ningunha denuncia da vítima.

Con todo, os axentes desprazados ao lugar dos feitos comentáronlle ao xuíz de garda que se encargou de autorizar o levantamento que lles aparecía unha denuncia doutra parella no ano 2019.

Os investigadores tomaranlle declaración ao presunto agresor en canto reciba a alta médica

Ao preguntarlle nun acto en Santiago de Compostela, o delegado explicou que o home continúa hospitalizado e que aínda non se lle tomou declaración, "nin en sede policial nin en sede xudicial". "En canto sexa posible, pasará primeiro a disposición policial e despois a disposición xudicial e xa poderemos falar das declaracións que poidan ter relevancia procesual", apuntou.

Pedro Blanco precisou que, segundo os últimos datos, "non se teme" pola vida do presunto agresor e "en cuestión de días poderá ser a alta hospitalaria", tras a que será conducido perante a autoridade xudicial.

Tras trasladar o pésame á familia, o delegado asegurou que o Goberno de España condena absolutamente este tipo de violencia.

O fillo que tiñan en común, de dous anos, está ao coidado de familiares

Ademais, interpelado pola situación do fillo que a vítima tiña en común co presunto autor, o delegado sinalou que está con "familiares" e que "existen mecanismos de lexislación civil para que o neno non quede desamparado". O pequeno, de dous anos, non estaba na vivenda no momento do crime.

Tras iso, ao preguntarlle pola situación dos menores cuxos proxenitores son denunciados por violencia machista, o delegado do Goberno lembrou que hai uns anos se modificou a lexislación para que ás persoas condenadas por estes delitos se lles retire a custodia de forma automática no momento da sentenza.

"Polo tanto, de momento creo que temos os instrumentos suficientes. Iso non quere dicir que non teñamos que avanzar na instauración doutro tipo de instrumentos ou de implementación, pero neste momento este tipo de solucións foron xa postas encima da mesa e co Código penal son perfectamente posibles", indicou.

É a sétima muller asasinada no que levamos de ano

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou como crime machista o asasinato este martes de Andrea, de 24 anos, en Palmeira, municipio de Ribeira (A Coruña), co que o número de mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas no que vai de ano ascende a 7; 1.247 desde 2003.

Este ano oito menores perderon ás súas nais como consecuencia da violencia machista; 440 desde 2013.

O crime produciuse na casa en que actualmente residía a muller

Foi o suposto agresor quen chamou un familiar para confesar o crime e avanzar a súa intención de suicidarse, polo que o seu interlocutor avisou os servizos de emerxencia, aínda que tamén os veciños deron a voz de alerta ao escoitar unha forte discusión no domicilio.

A muller foi atopada no chan da cociña, onde os axentes da Policía Xudicial atoparon tamén a arma do crime, a mesma coa que o agresor tentou suicidarse.

A ministra de Igualdade e a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero condenan o asasinato

Nun comunicado, a ministra de Igualdade, Ana Redondo, e a delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Carmen Martínez, expresaron a súa máis absoluta condena e rexeitamento perante este asasinato machista e trasladaron todo o seu apoio a familiares e amizades da vítima.

Tanto a ministra como a delegada pediron todos os esforzos desde as institucións, administracións e o conxunto da sociedade para chegar a tempo e evitar máis mortes.

O 016 atende todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 53 idiomas diferentes, do mesmo xeito que o correo 016-online@igualdad.gob.es; tamén se presta atención mediante WhatsApp a través do número 600000016, e os menores poden dirixirse ao teléfono da Fundación ANAR 900 20 20 10.

Nunha situación de emerxencia, pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e en caso de non poder chamar pódese recorrer á aplicación ALERTCOPS, desde a que se envía un sinal de alerta á Policía con xeolocalización. 
 

Ribeira decreta dous días de loito

O Concello de Ribeira decretou dous días de loito polo crime de Palmeira. A corporación do municipio do Barbanza reuniuse en pleno extraordinario no mediodía deste mércores para expresar o seu pesar. 

O alcalde, Luís Pérez Barral, foi o encargado de dar lectura á declaración institucional pactada por todos os grupos políticos de Ribeira, que manifestan a súa unidade no rexeitamento a "calquera tipo de violencia machista", unha "secuela" contra a que se comprometen a loitar para lograr a súa erradicación.

Minuto de silencio no Concello de Ribeira Minuto de silencio no Concello de Ribeira

Tras expresar o pésame do concello aos familiares e achegados da vítima, a corporación ribeirense mostrou a súa unidade no "clamor de repudio a calquera violencia machista", que constitúe "unha violación de dereitos humanos e unha grave problemática que require da acción conxunta de toda a sociedade".

No Parlamento as forzas políticas mostraron o seu pesar por esta tráxica morte. Os deputados gardaron un minuto de silencio nun acto no que tamén estiveron o presidente do Consello Económico e Social e a Valedora do Pobo.

Minuto de silencio no Parlamento de Galicia Minuto de silencio no Parlamento de Galicia

Tamén gardou un minuto de silencio o Goberno galego en funcións. A conselleira de Igualdade tomou a palabra para trasladarlle apoio á familia e recordou a necesidade de seguir traballando para eliminar a violencia de xénero.

Minuto de silencio na Xunta de Galicia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade