Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo afronta a primeira decisión climática de importancia na súa historia

O Supremo afronta a primeira decisión climática de importancia na súa historia

A demanda foi interposta hai tres anos por Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Oxfam Intermón pola inactividade e falta de ambición do Goberno ao afrontar a crise climática

G24.gal 20/06/2023 07:55

O Tribunal Supremo afrontará a que será a primeira decisión "climática" de grande importancia nos seus máis de 200 anos de historia, que podería obrigar o Goberno a elevar o obxectivo de redución de emisións fixado no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) aprobado en 2021.

Está previsto que a Sección Quinta da Sala Terceira (Contencioso-Administrativo) do alto tribunal, especializada en urbanismo e medio ambiente, vote e sentencie a demanda interposta hai tres anos por Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Oxfam Intermón pola inactividade e falta de ambición do Goberno ao afrontar a crise climática.

Entre outras cuestións, reclaman que o Supremo obrigue o Goberno central a revisar o obxectivo de mitigación que, en ningún caso, pode ser inferior ao 55 %, "garantindo a este respecto os dereitos humanos e o dereito a un medio ambiente adecuado das xeracións presentes e futuras".

Entre o abano de posibilidades aberto figura unha sentenza estimatorio e que o obxectivo de mitigación deba ser revisado á alza, que o Supremo considere que non pode determinar como debe ser ese obxectivo ou que non quede acreditado que o actual obxectivo comprometa dereitos fundamentais dos cidadáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade