Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo avala a obriga de fichar para saír ao café

O Supremo avala a obriga de fichar para saír ao café

Rexeita o recurso presentado por Comisións Obreiras contra unha sentenza da Audiencia Nacional

G24.gal 09/03/2023 16:02 Última actualización 09/03/2023 16:14

O Tribunal Supremo avala que os traballadores fichen cada vez que abandonan o posto de traballo para tomar café ou fumar, tras ratificar unha sentenza da Audiencia Nacional de decembro de 2019. A sala do social desestima o recurso de CC. OO. contra a sentenza da Audiencia Nacional do 10 de decembro de 2019 sobre unha demanda de conflito colectivo presentada polo sindicato contra as gasolineiras Galp.

Entre outras cousas, CC. OO. esixía que se declarase nulo o cómputo de tempo derivado da implantación do sistema de rexistro de xornada para que non afectase as pausas para fumar, tomar café e almorzar, que ata entón se integraban como tempo de traballo dentro da xornada e non se fichaba nin se descontaba.

Pero a Audiencia Nacional considerou que o que quedaba probado é que, "aínda que no centro de traballo existía un control de acceso mediante tornos, este unicamente se utilizaba a efectos de seguridade e prevención de riscos do edificio, non de control de xornada". Víñase tolerando, engade a sentenza, "por unha política de confianza empresarial en virtude a cal cada traballador é responsable de desenvolver a xornada comprometida, que os traballadores saísen das instalacións para fumar ou para tomar café, sen que caiba deducir de tal circunstancia que a empresa reputase ditas interrupcións da prestación de servizos como de traballo efectivo".

Non existía "un efectivo control e seguimento da xornada desenvolvida por cada traballador", engade, criterio que apoia agora o Supremo, que destaca que non consta que "a pausa para fumar ou o café fosen tempo efectivo de traballo", polo que non se vulnerou ningún precepto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade