Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lores recorrerá ante o Constitucional contra a decisión do Supremo sobre Ence

Lores recorrerá ante o Constitucional contra a decisión do Supremo sobre Ence

O alto tribunal rexeitou os dous incidentes de nulidade presentados pola Avogacía do Estado e o Concello

Traballadores da pasteira e a Xunta pídenlle ao alcalde de Pontevedra que desista da batalla xudicial

G24.gal 05/07/2023 14:26

O pasado mes de marzo os traballadores celebraban a decisión do Supremo que confirmaba a prórroga de Ence en Lourizán. Agora o alto tribunal dálles de novo a razón ao rexeitar os dous incidentes de nulidade presentados pola Avogacía do Estado e o Concello contra a sentenza que avala a permanencia da fábrica na ría. O Concello non se rende e prepara acudir ao Constitucional.

Os traballadores critican que o alcalde continúe coa batalla xudicial. 

Para o Goberno galego, a actividade económica é compatible co medioambiente e pide ao alcalde que acate as decisións xudiciais.

A decisión xudicial confirma de novo a prórroga da empresa para ocupar os terreos actuais ata o 2073. Co futuro da pasteira despexado, a empresa xa puxo en marcha os proxectos paralizados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade