O Supremo condena os dous acusados do narcosubmarino de Cangas absoltos polo TSXG
O Supremo condena os dous acusados do narcosubmarino de Cangas absoltos polo TSXG
Considera que son autor e cómplice, respectivamente, dun delito intentado de tráfico de drogas
As novas penas son de un ano e medio de cadea e noves meses respectivamente
O Tribunal Supremo ditou sentenza tras estimar parcialmente o recurso da Fiscalía contra a resolución do TSXG sobre o narcosubmarino apresado fronte ás costas de Aldán, en Cangas en 2019, e corrixiu en parte a decisión do alto tribunal galego, condenando aos dous implicados que foran absoltos.
A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou aos sete acusados por estes feitos a penas de entre 7 e 11 anos de cárcere e multas millonarias polo transporte de máis de tres toneladas de cocaína nun semisomerxible que partiu do Brasil e que foi localizado á entrada da ría de Aldán a finais de novembro de 2019. Nesa causa foron procesados os tres tripulantes do narcosubmarino así como os seus colaboradores en terra.
As defensas presentaron recursos de apelación e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza en novembro de 2022 absolvendo a Carlos Enrique (condenábao a unha pena menor, pero pola droga atopada no rexistro do seu domicilio, non polo alixo do semisomerxible) e a Rodrigo, e rebaixando as penas a Iago S.P. (de 9 anos a 26 meses de prisión) e a Iago R.R. (de 7 anos a 18 meses de cárcere).
Recurso da Fiscalía
Ante esta resolución, a Fiscalía interpuxo recurso de casación no Tribunal Supremo, alegando, entre outras cuestións, que o TSXG modificara os feitos probados rebaixando o delito de tráfico de drogas a "tentativa de participación" no caso de dous dos acusados, que se vulnerou o dereito á tutela xudicial efectiva ou que se habían cuestionado arbitrariamente feitos considerados probados pola Audiencia.
En resposta a este recurso, o Tribunal Supremo ditou unha nova sentenza tras estimar parcialmente as pretensións da Fiscalía. Así, na súa resolución do pasado 21 de setembro de 2023, o Supremo sinala que Iago S.P. e Iago R.R. foron "os máis activos dos colaboradores coñecidos" dos que dispuxo Agustín para introducir a droga en España, e ambos os acusados participaron na operación aínda que non fosen os destinatarios orixinais da cocaína. Con respecto a Enrique Carlos e Rodrigo, apunta que ambos coñecían "detalles esenciais" do operativo de chegada do artefacto e levaron a cabo unha "colaboración necesaria e efectiva no desenvolvemento do plan criminal".
Novas penas
Por todo iso, a Supremo condena a Rodrigo H.M. como autor dun delito tentado de tráfico de drogas á pena de un ano e medio de cárcere e ao pago de dúas multas de 50 millóns de euros cada unha; e condena a Enrique Carlos S.G., como cómplice do anterior delito, á pena de 9 meses de prisión e dúas multas de 25 millóns de euros. No caso de Iago R.R. e Iago S.P., ademais das penas fixadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, imponlles a cada un unha nova pena de multa de 50 millóns (despois de que a Fiscalía alegase un erro na sentenza de instancia, onde só figuran unha multa a cada un).