Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo dálle a razón a un home de Valdoviño que denunciou os veciños por insultalo nas redes sociais

O Supremo dálle a razón a un home de Valdoviño que denunciou os veciños por insultalo nas redes sociais

"Había que buscar un culpable e buscaron o débil", di Vicente Testa

G24.gal 17/11/2022 16:52

Condenan un home polos comentarios que publicaron terceiros na súa rede social. Sete anos de pesadelo son os que viviron Vicente e maila súa familia por mor da construción dun recinto cuberto nunha parcela lindeira á súa, en Valdoviño.

"Había que buscar un culpable e buscaron o débil", di Vicente Testa.

Contra eles, varias persoas publicaron nunha conta dunha rede social do seu veciño ameazas e comentarios vexatorios que mesmo os obrigaron a cambiar as súas rutinas.

Fartos da situación decidiron recorrer á xustiza. E agora, sete anos despois, o Tribunal Supremo dálles a razón. Vicente di que se senten agora "liberados por toda a presión que tiñamos e moi contentos... Remediando o que os está amolando e, ao mellor, enfermando"

Malia todo o vivido, Vicente di que non lle garda rancor a ninguén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade