O Supremo declara extinguida a responsabilidade criminal de Alberto Rodríguez
O Supremo declara extinguida a responsabilidade criminal de Alberto Rodríguez
O exdirixente de Podemos pediulle a restitución da súa acta a Batet xa a finais de 2021
O Tribunal Supremo declara extinguida a responsabilidade criminal do exdirixente de Podemos pero non exclúe as consecuencias no eido parlamentario que tivo a súa condena ca retirada odo seu escano.
O Tribunal impuxéralle a Alberto Rodríguez unha multa de 540 euros tras ser condenado por patear un policía nacional nunha protesta en Tenerife e unha pena de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante 45 días.
O auto do Alto Tribunal declara extinguida a responsabilidade con data do 5 de decembro de 2021 por cumprimento da pena.
Alberto Rodríguez ten recorrida a retirada da súa acta de deputado por parte da presidenta do Congreso, Meritxell Batet, porque a considera inxusta e ilegal. O exdirixente de Podemos pediulle a finais de 2021 a Batet que lle restituíra a acta pola fin da súa condena.