Cargando resultados...
O Supremo emite unha orde de detención nacional contra Clara Ponsatí
O Supremo emite unha orde de detención nacional contra Clara Ponsatí
A defensa de Ponsatí alegou que tiña dous compromisos en Bruxelas que resultaban "incompatibles" coa súa citación
G24.gal
21/06/2023 13:03
Última actualización 21/06/2023 19:01
O maxistrado do Tribunal Supremo Pablo LLarena acordou emitir unha orde nacional de detención contra a exconsellera catalá e eurodeputada de JxCat Clara Ponsatí por non xustificar a súa incomparecencia ante o xuíz o pasado 24 de abril.
Ponsatí estaba citada para que Llarena lle comunicase o seu procesamento por un delito de desobediencia, que non carrexa penas de prisión, pero a súa defensa alegou nun escrito presentado ese mesmo día que tiña dous compromisos en Bruxelas que resultaban "incompatibles" coa súa citación en Madrid.