Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo fixa que a hostalería recupere o IAE aboado durante o peche pola pandemia

O Supremo fixa que a hostalería recupere o IAE aboado durante o peche pola pandemia

A devolución desta taxa municipal equivalería á parte proporcional dos días que os negocios non puideron traballar

As sentenzas do Alto Tribunal crean xurisprudencia

G24.gal 07/06/2023 14:24 Última actualización 07/06/2023 15:20

As arcas municipais terán que facer fronte as devolucións do imposto de actividades económicas (IAE). Deberán devolver a cantidade proporcional ao tempo que estiveron pechados os establecementos durante os diversos peches que impuxeron as autoridades sanitarias no contexto da pandemia da covid-19

As sentenzas do alto tribunal crean xurisprudencia e confirman os ditames previos noutros xulgados que deron a razón aos negocios que reclamaron a devolución da cota. De feito en Valencia o Concello xa tivo que devolver case 27.000 euros a un hotel. 

A sentenza do Supremo abre a porta a reclamacións doutras taxas e impostos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade