Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Tribunal Supremo confirma a nulidade do ere de Alcoa na Mariña

O Tribunal Supremo confirma a nulidade do ere de Alcoa na Mariña

Confirma a sentenza do TSXG e tomba o despedimento de 524 traballadores da factoría

G24.gal 28/10/2021 12:08

Xa é firme. O Tribunal Supremo acaba de ratificar a anulación do Expediente de Regulación de Emprego que Alcoa quería levar a cabo na factoría de San Cibrao, segundo informa o comité de empresa.

A Sala do Social do Alto Tribunal considera correcta a actuación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que lle impediu en decembro de 2020 á multinacional apagar as cubas e executar o despedimento colectivo. 

O TSXG entendera que a empresa actuara de mala fe durante o período de consultas. O ere que pretendía a empresa supoñería o despedimento de 524 traballadores e a perda de centos de empregos na industria auxiliar.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar