Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo rexeita rebaixar a pena a Fernández de Sousa: deberá cumprir 6 anos

O Supremo rexeita rebaixar a pena a Fernández de Sousa: deberá cumprir 6 anos

A defensa do expresidente de Pescanova pretendía mediante un recurso de aclaración que a condena quedase en catro anos e medio de prisión

G24.gal 29/03/2023 12:20 Última actualización 29/03/2023 15:12

A Sala Penal do Tribunal Supremo (TS) desestimou o recurso de aclaración presentado polo expresidente de Pescanova Manuel Fernández de Sousa contra a sentenza que ditou o pasado 10 de febreiro pola que o condenou a un total de seis anos de prisión.

O Supremo sinala, nunha resolución, que non hai lugar a aclarar nin rectificar o extremo interesado pola representación procesual de Manuel Fernández de Sousa-Faro con relación á sentenza, que pretendía unha rebaixa da pena ata os catro anos e medio.

O expresidente de Pescanova debería cumprir, por tanto, as dúas penas ás que foi condenado: Unha de 4 anos e 6 meses de prisión por delito continuado de falsidade nas contas anuais, en relación de concurso medial cun delito, tamén continuado, de falseamento de información económico-financeira; e outra dun ano e seis meses por un delito de alzamento de bens

A defensa do expresidente de Pescanova entendía que había un erro no cómputo da pena que debía cumprir, pero nesta resolución o TS deixa claro que non é así.

Expansión e caída de Pescanova

Manuel Fernández de Sousa é o artífice da expansión e da caída de Pescanova. Un imperio que ten a súa orixe en 1960.

José Fernández Lopez foi un dos que converteron en éxito a idea de conxelar o peixe en orixe. O seu fillo, Manuel Fernández de Sousa toma o mando nos anos 80.

Del foi o deseño das empresas mixtas para poder operar en caladoiros de terceiros países e tamén a aposta decidida pola acuicultura e a construción de piscifactorías.

Pero o imperio non puido cos ventos en contra, e os atrancos económicos acabaron anos despois co xestor, Manuel Fernández de Sousa, no banco dos acusados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade