O Supremo votará o 7 de febreiro o recurso de Ence sobre a prórroga da súa concesión en Pontevedra
O Supremo votará o 7 de febreiro o recurso de Ence sobre a prórroga da súa concesión en Pontevedra
A Audiencia Nacional declarara nula a prórroga da súa concesión na ría de Pontevedra ata 2073 por parte do Goberno de Mariano Rajoy
O Tribunal Supremo notificoulle a Ence que o próximo 7 de febreiro fará a votación e a resolución dos recursos interpostos pola compañía contra as sentenzas da Audiencia Nacional que declararon a nulidade da prórroga da súa concesión na ría de Pontevedra ata 2073 por parte do Goberno de Mariano Rajoy.
O Supremo comunicoulle a data esta semana co fin de analizar os procedementos seguidos a instancia de Greenpeace España e o Concello de Pontevedra.
A decisión do Tribunal Supremo sobre ambos os recursos coñecerase nas semanas posteriores á data sinalada para votación e sentenza dos mesmos.
O día da decisión estaba fixado para o pasado 4 de outubro de 2022, pero en setembro o tribunal comunicou a anulación da data e o seu adiamento.