Activado o aviso amarelo por frío no sur da provincia de Ourense
Activado o aviso amarelo por frío no sur da provincia de Ourense
Agárdanse temperaturas por baixo dos -4 graos centígrados
As últimas nevaradas atraeron visitantes a Manzaneda e o Cebreiro
Sol e neve conxugáronse este sábado para converter o Cebreiro no destino de numerosos visitantes.
"A paisaxe, incrible, parece a típica das películas, e velo así, por primeira vez, en persoa, é precioso", comenta unha rapaza.
Ver a neve por primeira vez na vida motivou a moita xente, que apenas atopaba palabras para describir a sensación.
"É auga e podes comela, se queres, e esvarar, e facer a croqueta...".
"Eu tamén a vin por primeira vez e encántame facer bonecos de neve".
"E tirar bólas de neve".
Estación de Manzaneda
Tamén Manzaneda se encheu de xente, coa apertura da tempada de esquí grazas á contribución dos canóns de innivación artificial que permitiron abrir cinco pistas, en total case catro quilómetros esquiables.
Aviso amarelo
O frío vainos acompañar tamén nas próximas horas. No sur da provincia de Ourense hai aviso amarelo por temperaturas inferiores aos catro graos baixo cero.
A mínima de Galicia nas últimas horas foron os -3,6 graos rexistrados na estación meteorolóxica de Verín.