Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Constitucional avala integramente a lei do aborto trece anos despois

O Constitucional avala integramente a lei do aborto trece anos despois

O Alto Tribunal entende o aborto como un dereito da muller enmarcado no dereito á integridade persoal e na libre autodeterminación

G24.gal 09/05/2023 15:03 Última actualización 10/05/2023 07:41

O Tribunal Constitucional deu o aval definitivo á lei do aborto aprobada polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero en 2010 cunha sentenza aprobada no pleno deste martes que desbota o recurso do PP consagrando a interrupción voluntaria do embarazo como un dereito da muller esixible ás administracións públicas.  

A norma xurídica foi apoiada por unha maioría de 7 maxistrados do bloque progresista fronte aos 4 do bloque conservador. O pleno aprobou o relatorio liquidando así o asunto máis antigo que tiña pendente a corte de garantías.

A lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo supuxo a implantación do sistema de prazos establecendo un límite de 22 semanas para poder abortar. Agora, o TC consagra o aborto como un dereito da muller, pero non como un novo dereito fundamental, senón enmarcado no dereito á integridade persoal e, nese sentido na libre autodeterminación, seguindo a liña marcada na sentenza sobre a lei da eutanasia.

Ao igual que aconteceu coa eutanasia, o Constitucional outórgalle un contido prestacional para garantir que o exercicio deste dereito poida ser esixido ás administracións públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade