Publicador de contidos
Publicador de contidos

O templo budista de San Amaro comeza a rexurdir entre as cinzas

O templo budista de San Amaro comeza a rexurdir entre as cinzas

Vanse cumprir tres meses do incendio que devastou o mosteiro budista de Ventoselo, en San Amaro, e os traballos de demolición deixan á vista o alcance dos danos 

Calculan que a reconstrución vai custar máis de setecentos mil euros, sufragados fundamentalmente polas doazóns dos seus fieis

Templo budista de San Amaro tras o incendio
G24.gal 15/05/2024 20:27 Última actualización 15/05/2024 20:42

O edificio principal do único mosteiro budista de Galicia, o do municipio ourensán de San Amaro, quedou reducido a cascallos por un incendio o pasado 27 de febreiro. Un espazo que albergaba a cociña, o comedor, dormitorios... e o que máis valoraban, a biblioteca.

Tenzing Ngeyung, monxa budista: "Textos en tibetano e moita bibliografía que publicamos nós e tiñamos almacenada, centos de libros das nosas ensinanzas".

Salvaron moi poucas cousas, como algún libro danado pola auga da extinción, pequenas estatuas que seguen aparecendo entre os cascallos....

Reconstrución

Calculan que a reconstrución subirá dos 700.000 euros, que, á parte da indemnización do seguro, prevén sufragar con doazóns.

Tenzing Ngeyung, monxa budista: "Todo o que se constrúe aquí desde hai 16 anos foi euro a euro cos donativos de persoas que senten que é importante o que aquí se ofrece".

Agardan poder empezar as obras este verán para retomar o antes posible a súa actividade, que converteu San Amaro nun referente internacional dos estudos da filosofía Budista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade