Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tratamento dos residuos do incendio nunha nave do Grupo Nogar custará preto de seis millóns

O tratamento dos residuos do incendio nunha nave do Grupo Nogar custará preto de seis millóns

Nas instalacións da antiga Pontesa almacenábanse máis de 40.000 toneladas de cereais

Antes de retirar o gran, é preciso seguir arrefriándoo e analizando a probable contaminación con amianto procedente da cuberta

A empresa definiu as actuacións en colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral

G24.gal 18/11/2022 14:41

O traslado e tratamento dos residuos de cereais e probablemente amianto que arderon no incendio da nave da antiga Pontesa, en Ponte Sampaio, terá un custo próximo aos seis millóns de euros, segundo fontes da investigación.

Os bombeiros desprazaron ata a nave tres vehículos para ir arrefriando con mangueiras e canóns de auga o cereal que continúa en combustión na inxente morea de 42.000 toneladas que se incendiaron o pasado 6 de novembro e que provocaron a morte dun operario.

O Concello de Pontevedra decretou a paralización da actividade doutra nave do grupo Nogar, situada en Campañó, ao carecer de licenza para o desenvolvemento da actividade, ao igual que a de Ponte Sampaio.

A partir de agora, comezan uns traballos de retirada que, segundo o Goberno local, terán unha duración de tres ou catro días, pero tanto os bombeiros como outras fontes consultadas consideran que serán moitos máis. Porque non hai precedente en Galicia dun traslado de cereais tan voluminoso e tamén hai dúbidas sobre a existencia de instalacións axeitadas para albergar e tratar este tipo de residuos. O seu destino final podería ser a elaboración de recheos para grandes canteiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade