O Tribunal de Contas sanciona con 233.000 euros a Vox por recibir doazóns irregulares
O Tribunal de Contas sanciona con 233.000 euros a Vox por recibir doazóns irregulares
As doazóns finalistas atribuídas a Vox, ambas en 2019, foron de 120.483 euros para a causa "Axúdanos coa fianza Borja", e de 31.665 euros para a causa "Querela contra Quim Torra"
Constitúen infraccións moi graves segundo o artigo 17 da Lei orgánica sobre financiamento dos partidos políticos
O pleno do Tribunal de Contas acordou impoñer dúas sancións a Vox por senllas infraccións moi graves contra a lei de financiamento de partidos, por recibir doazóns de carácter finalista, que suman 233.324,22 euros, segundo o informe de fiscalización das contas dos anos 2018 e 2019.
Segundo unha resolución adoptada o pasado xoves, da que informou o Tribunal de Contas este luns, as doazóns irregulares recibidas por Vox constitúen infraccións moi graves segundo o artigo 17 da lei orgánica sobre financiamento dos partidos políticos.
As doazóns finalistas atribuídas a Vox, ambas en 2019, foron de 120.483 euros para a causa "Axúdanos coa fianza Borja", cuxo fin era colaborar coa defensa xurídica dun mozo acusado de homicidio, e de 31.665 euros para a causa "Querela contra Quim Torra", quen por entón presidía a Generalitat de Cataluña.
No primeiro caso, a sanción imposta é de 183.324,22 euros, mentres que no segundo a sanción é a mínima para as infraccións moi graves, 50.000 euros.