Cargando resultados...
O TSX de Andalucía non decidirá ata a semana que vén sobre o caso de Santi Mina
O TSX de Andalucía non decidirá ata a semana que vén sobre o caso de Santi Mina
Este xoves houbo unha reunión, analizáronse os recursos e a resolución adiouse
G24.gal
13/07/2023 22:51
Nada cambia polo de agora na situación de Santi Mina porque non hai decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía sobre o recurso contra a condena de catro anos de prisión por agresión sexual.
Finalmente, o Tribunal non se pronunciou este xoves e haberá que agardar cando menos ata a semana que vén. Pase o que pase, Santi Mina terá a opción de recorrer ao Tribunal Supremo. O futbolista seguirá adestrando en Afouteza malia que non é o desexo do Celta.