Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TSXG ratifica 11 anos de cárcere para a educadora social que abusou dunha menor

O TSXG ratifica 11 anos de cárcere para a educadora social que abusou dunha menor

Imaxe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Europa Press) Imaxe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Europa Press)
G24.gal 11/06/2024 16:59

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da 5ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que condenou a 11 anos de cárcere a unha educadora social por abusar sexualmente, e de maneira continuada, dunha menor no centro de Redondela no que traballaba.

O alto tribunal desestimou así o recurso de apelación presentado pola defensa da acusada debido á credibilidade da declaración da menor, os testemuños da súa contorna, así como a documental de escritos oficiais ou internos, e de mensaxes e correos intercambiados entre acusada e vítima.

A procesada, expulsada do centro no que traballaba o mes de setembro de 2019, mantivo unha relación sentimental, no curso da cal mantivo coa vítima relacións sexuais plenas en diferentes ocasións, tal e como considerou probado o tribunal.

A defensa alegou potencial indefensión que o TSXG nega e sinala na sentenza que “resulta difícil entender que se negue a existencia de proba para pasar a continuación a cuestionar a que se practicou lexitimamente”.

Na sentenza, o alto tribunal engade que “a apelante denuncia un irreal déficit de motivación”, pero que “omite clamorosamente a exposición de cal foi o contido probatorio que permitiu a construción do xuízo histórico de autoría conforme unha liña de razoamento lóxica, exhaustiva, coherente e expresiva do grao de certeza esixido”.

Segundo expón na sentenza o TSXG, "a fiabilidade da información transmitida" pola menor, que tiña 17 anos no momento dos feitos, “e a súa idoneidade para outorgarlle valor reconstrutivo nútrese do seu elevadísimo grao de compatibilidade co resultado que lanzan o resto dos elementos integrantes do elenco probatorio plenario”.

Tampouco acepta que existisen dilacións indebidas no proceso, como causa atenuante, e sinala que “transcorre un tempo normal de tramitación dun procedemento non sinxelo”.

Por todo o anterior, desestima o recurso de apelación presentado pola procesada contra a sentenza do pasado 18 de xaneiro, ditada pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade