O último boi xigante de Xove supera as dúas toneladas de peso
O último boi xigante de Xove supera as dúas toneladas de peso
O animal, de oito anos de idade, tres metros de longo e dous de alto, será vendido en maio
Brillante é o último dos 'superbois' criados polo gandeiro Pepe do Chacino no lugar de Carballás, en Xove. Con oito anos de idade, o animal supera as dúas toneladas de peso.
Ten máis de tres metros de lonxitude e máis de dous metros de altura, unha envergadura conseguida grazas á xenética e á alimentación a base de cereais e de pastos costeiros.
José Louzao, criador do boi Brillante: "Para capar un boi coma este, o primeiro é unha boa xenética, e cano nace xa se ve como vai saír. Despois, deixalo mamar ata os dez meses, para que medre ben, e que teña moito verde, podendo ser na costa, onde alimenta moito máis".
O criador de Brillante está decidido a vender o animal en cuestión de semanas, a comezos de maio. Tocante ao seu prezo, Pepe confía en que non baixe dos 25.000 euros.
José Louzao, criador do boi Brillante: "O que o queira comprar por algo menos, que veña rápìdo, que ao mellor non o leva. Porque despois as trapalladas non lle valen para nada".
De acadar ese importe, Brillante mesmo superaría o doutro boi da mesma gandería, que fora adquirido o pasado outono por preto de 20.000 euros.