Publicador de contidos
Publicador de contidos

O último zapateiro de Vilanova dos Infantes xubílase sen remuda

O último zapateiro de Vilanova dos Infantes xubílase sen remuda

Nesta aldea de Celanova había a mediados do século pasado máis de 150 zapateiros 

G24.gal 05/03/2024 21:18 Última actualización 05/03/2024 21:53

Traían a pel dos curtidores de Allariz e nos obradoiros, nos que traballan varios membros da familia, cortaban, cosían e dábanlle forma aos zapatos de xeito totalmente artesanal. Daquel oficio ao que se dedicaron durante xeracións, boa parte dos veciños de Vilanova dos Infantes pouco queda.

O último zapateiro, Luís Vázquez, xubílase e, sen ninguén que tome as rendas do seu taller, a tradición desta aldea de Celanova quedará relegada aos obxectos, documento e fotografías que atesoura o Museo dos Zapateiros e ás lembranzas da historia de moitas familias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade