O uso das linguas cooficiais no Congreso terá que esperar
O uso das linguas cooficiais no Congreso terá que esperar
PSOE, PP, Vox e Ciudadanos rexeitaron reformar o regulamento da Cámara
O uso das linguas cooficiais no Congreso terá que esperar se non é para intervencións puntuais. PSOE, PP, Vox e Ciudadanos rexeitaron reformar o regulamento da Cámara para que poida utilizarse en toda a actividade parlamentaria.
No hemiciclo escoitáronse este martes a maioría de linguas españolas, desde as oficiais ata o bable ou o aragonés. Algún deputado incluso ironizou con falar en latín.
A proposta partiu dos grupos nacionalistas vasco e catalán e contaba co apoio de Unidas Podemos, pero non prosperou.
A dereita alegou que o Parlamento está para entenderse e que o español é a lingua de todos. Os socialistas pola súa parte apuntaron que xa existe un equilibrio entre o uso das diferentes linguas nas Cortes, xa que no Senado se avanzou e xa se poden utilizar no pleno para defender mocións.