Publicador de contidos
Publicador de contidos

O vento tira unha árbore sobre un dos postos da festa dos callos na Coruña

O vento tira unha árbore sobre un dos postos da festa dos callos na Coruña

Ocorreu no barrio das Flores e obrigou a suspender a celebración

G24.gal 04/09/2022 22:20

A caída dun olmo de 14 metros de altura sorprendeu os comensais que celebraban a festa dos callos nun parque do barrio coruñés das Flores. Estaban xa na sobremesa cando se levantou un vento forte que arrincou a árbore de raíz.

"Estabamos a falar que as árbores están bastante deixadas, teñen fungos por dentro... Estabamos a falar de que a ver se vai caer unha póla e de repente caeu a árbore nun visto e non visto. Por fortuna, caeu dese lado, se cae do outro sería unha desgraza bastante grande", relata unha testemuña.

O camareiro que atendía na barra tivo sorte porque a árbore caeu en dirección contraria a onde estaba.

"Escoitouse un ruído e levantouse toda a xente, foron mirar e viron a árbore caída. Chamaron a Garda Civil e a Policía Local, que viñeron rápido a pechar o local e a precintar todo".

Os veciños din que xa caeron máis, que as árbores están vellas e en mal estado e cren que xa é hora de que o Concello tome medidas.

"Se fai falta cortalas hai que facelo porque o perigo vese. Cando cae unha árbore vén a corporación, con boas palabras, pero nada máis".

 A poucos metros de onde caeu o olmo o vento arrincou tamén unha acacia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade