Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mal estado do formigón xunto a outros factores fixo caer o viaduto da A-6

O mal estado do formigón xunto a outros factores fixo caer o viaduto da A-6

O ministerio conclúe: non houbo unha soa causa do colapso. O esgotamento dos materiais, a corrosión e os traballos de hidrodemolición que se estaban realizando, sumaron para provocar o colapso

Calculan que no segundo semestre de 2023 poderase recuperar a circulación parcial na autovía en dobre sentido polo viaduto en sentido Madrid e evitar o desvío en Pedrafita

Os camións volven circular polo centro de Pedrafita

G24.gal 15/11/2022 12:17 Última actualización 15/11/2022 21:20

Os dous informes encargados polo Ministerio de Tranportes ofrecen conclusións semellanes: o viaduto do Castro, na A-6 caeu por "unha concatenación de factores".

Segundo explicou Xavier Flores, secretario xeral de Infraestruturas, a ponte cae mentres se están realizando nela uns traballos de reparación urxentes, logo de que se detectara un imporante deterioración na infraestrutura. Neses traballos estábase a empregar unha técnica de hidrodemolición, que supoña un importante presión sobre a ponte, pero "por si soa non provoca o colapso", apunta Flores, senón que as condicións nas que estaban os materiais, principalmente o formigón, en "peor estado do agardado", fixo que o viaduto acabase caendo.

Así as cousas, os informes, elaborados polas empresas Ideam e Mg2, conclúen que a caída foi "por unha combinación de factores, que por si sós non provocarían o colapso"

Segundo explican desde o ministerio, estas conclusións que xa lle foron trasladadas á Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León, son preliminares, pero "sorprendería que houbese algún cambio no resultado".

Na situación actual, segundo explica o ministerio, por diante queda moito traballo, para acabar co desentullo e iniciar a reparación. Non obstante, calculan que ao longo do segundo semestre do próximo ano se poida reabrir a circulación na ponte en dirección Madrid, que se empregaría en dobre sentido e permitiría evitar o desvío por Pedrafita.

Eses traballos, que se farán por vía de urxencia, e para os que se presupostan uns 30 millóns de euros, supoñerán a substitución do taboleiro, e introducir melloras para garantir a impermeabilidade e minimizar o número de xuntas, ás que sinalan como punto débil na infraestrutura.

No outro viaduto, o que caeu e vai en sentido Coruña, os traballos deberán ser de reconstrución e a súa apertura non se prevé ata o ano 2024, e estanse acabando de valorar para saber cal será o seu custo.

Amais, segundo explicou Xavier Flores, este sinistro deixa leccións importantes. A principal é sobre a conservación e mantemento. "Este país viviu nas últimas décadas un gran desenvolvemento das infraestruturas, e requiren un esforzo de mantemento e modernización. Que as coidemos", afirmou.

"Por sorte, non todos os viadutos están neste estado", pero apuntou que en estradas como estas de alta montaña hai que atender as situacións locais e esforzarse máis por coidar en especial a impermeabilización.

As explicacións e o programa de reconstrución non satisfacen á Xunta

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, lamenta que serán tres anos e medio coa A-6 parcialmente pechada, e considera insuficientes os detalles da súa reconstrución.

En declaracións aos medios de comunicación, a conselleira precisou que a Xunta de Galicia acudiu á reunión co ministerio con tres obxectivos moi claros, "pero ningún deles se cumpriu”.

Respecto á solicitude dun "cronograma” que definise os prazos para reconstruír o viaduto,  Vázquez dixo que, polo menos de momento, esa posibilidade “é un acto de fe”.

“Non existe un cronograma administrativo, co desenvolvemento de investimentos”, engadiu, simplemente un anuncio “de forma xenérica”, que establece a posibilidade de que o viaduto paralelo, que segue en pé, sexa reparado e quede aberto en ambos os sentidos do tráfico o próximo ano.

Outro dos obxectivos que se expuña a conselleira era “unha solución alternativa provisional válida”, pero o afirmou que o desvío “provisional” habilitado polo Ministerio “non é válido para Galicia nin para Castela e León”, porque “se pecha ao tráfico de pesados”.

Outro dos obxectivos era obter unha información satisfactoria sobre as causas que provocaron o colapso do viaduto. Con todo, Ethel Vázquez recoñeceu que lle “sorprenderon esas explicacións” por parte do Ministerio, tendo en conta de que o viaduto que veu abaixo levaba pechado un ano e realizouse un investimento de emerxencia de 26 millóns de euros, por mor dunha inspección previa. Dixo que “haberá que acudir aos informes técnicos” para chegar a conclusións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade