O viaduto do Castro reconstruirase ao mesmo tempo nos dous sentidos
O viaduto do Castro reconstruirase ao mesmo tempo nos dous sentidos
Transportes asina a ampliación da emerxencia para comezar as obras en dirección A Coruña
O Ministerio de Transportes asinou na tarde deste xoves o documento que amplia a declaración de emerxencia no Viaduto do Castro, na A-6. Esto permitirá comezar de inmediato as obras en sentido A Coruña. Xa están en marcha en dirección a Madrid, co que a infraestrutura se reconstruirá ao mesmo tempo nos dous sentidos.
O ministerio marcou os tempos da obra: en febreiro o obxectivo era reconstruír primeiro a ponte vía Madrid e logo en sentido A Coruña. Pero agora, dende o mesmo ministerio, os seus técnicos, din que esa non era a mellor opción. Que a obra, os dous viadutos, deben facerse ao mesmo tempo. Por varias razóns, pero unha sobre todas: a seguridade.
"Hai un informe técnico que manifesta de xeito claro que teñen que facerse as dúas infraestruturas ao mesmo tempo por motivos de seguridade e tamén económico financeiros. Non poderíamos entender outra solución que non sexa a dos técnicos", asegura Jaime López, da Confederación de empresarios de Lugo.
En dúas fases, manteñen os técnicos do ministerio, podería haber interferencias nas cimentacións. Súmase ao risco, o traballar nun viaduto con outro aberto ao tráfico. Dende o Goberno din que asumen o informe técnico e iniciaran os trámites para actuar ao mesmo tempo nos dous sentidos.
Os transportistas son os que máis sofren a situación da conexión na A-6 entre Galicia e a meseta. Lamentan que non os teñan en conta para nada e piden máis celeridade á hora de acometer as obras.
"Porque non se pode traballar a dobre quenda cando é a entrada principal para Galicia", di o presidente de AETRAM, Diego Arias.
"É o que levamos reivindicando hai un ano, que se reconstrúan as dúas vías de xeito paralelo", lembra José Fernández, presidente de TRADIME.
Facela obra das dúas pontes de forma simultanea faría, segundo o informe técnico, que os traballos estivran rematados para o outono do 2024.