Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xabaril causa preto de dez accidentes ao día en Galicia

O xabaril causa preto de dez accidentes ao día en Galicia

Máis de 3.500 accidentes produciu o xabaril en Galicia o ano pasado, e este ano a cousa parece que vai a peor

O primeiro consello é gardar a calma e non intentar esquivalos; cando o choque sexa inminente, levante o pé do freo para que o frontal do coche se eleve 

G24.gal 18/09/2023 14:25

Cada vez é máis habitual, o choque co xabaril é a causa dunha media de dez accidentes diarios nas estradas galegas.

A maioría pode contalo, pero hai veces que un choque co xabaril provoca danos irreparables.

O ano pasado houbo máis de 3.500 sinistros deste tipo, e neste ano imos polo camiño de superar a cifra.

Ao atopalos, evitar, na medida do posible, as manobras bruscas. Levantar o pé do freo para que o frontal do coche se eleve e evitar que o animal golpee o parabrisas. Despois sinalar, chamar as autoridades e nunca achegarse ao animal, se só está malferido segue sendo un perigo.

Sobre todo entre lusco e fusco e nos meses de caza convén extremar as precaucións en todo tipo de vías para poder reaccionar a tempo ante calquera imprevisto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade