O xabaril segue pasaendo polo centro da Coruña
O xabaril segue pasaendo polo centro da Coruña
Descobren as súas desfeitas abraiados e preocupados porque din que poden supoñer un risco para as persoas
Abraiados e preocupados. Así reaccionaban os veciños de Catro Camiños ao ver os buratos e sucos que deixaron esta noite pasada os xabarís. Pero non é a primeira vez que andaron pola zona.
E é que mentres haxa xabarís na periferia da cidade, seguirán achegándose ao centro. Xa pasearon, por exemplo, pola rúa Juan Flórez e tamén polo parque de Vioño.
E malia que a mediados deste mes de setembro a Xunta declarou a emerxencia cinexética no 80 por cento do territorio galego para controlar a poboación do xabaril, polo momento esta medida non está a dar os seus froitos.
Amais, o xabaril causou ao longo do ano pasado case 3.600 accidentes de tráfico nas estradas galegas. Practicamente dez cada día.