Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xardín de camelias do castelo de Soutomaior: 400 exemplares no seu mellor momento

O xardín de camelias do castelo de Soutomaior: 400 exemplares no seu mellor momento

E un dos xardins máis importantes de Europa e está recoñecido como xardín de excelencia internacional

Ten 25 especies de camelias, 18 delas centenarias

 

 

O xardín de camelias do castelo de Soutomaior é un dos máis importantes de Europa
G24.gal 08/02/2022 14:30

O xardín das camelias do pazo de Soutomaior, en Pontevedra, é un dos máis importantes de Europa e xa está aberto ao público. Coas árbores en plena floración, é un dos mellores momentos para gozalo. As visitas guiadas rematan o 31 de marzo.

Recoñecido como xardín de excelencia internacional, ten unha ampla variedade de camelias nas 25 hectáreas de terreo que rodean o castelo de Soutomaior, unha fortaleza do século XII. Entre elas, hai 18 centenarias. 

"Temos algo máis de 400 exemplares de camelia dunhas 25 especies diferentes. Destacan especialmente 18 camelias por ser das máis antigas de Galicia, adquiridas polos marqueses alá no final do século XIX", explica Ana Sarregal, guía turística do castelo de Soutomaior.

Ata o 31 de marzo hai visitas guiadas os martes e domingos pola tarde, pero quen o prefira pode percorrer o xardín pola súa conta. Coas árbores en plena floración, agora é un dos mellores momentos para visitalo, aínda que non o único.

"O mellor momento é agora entre febreiro e marzo, pero logo hai camelias como a sasancua, que ten a peculiaridade de que en aroma, e florece en outono. A xente pode vir en diferentes épocas do ano e sempre vai atopar algo novo que descubrir", aclara Sarregal.

Non só as camelias están en flor. Os magnolios, coma os do pazo Quiñones de León, en Vigo, están tamén no seu mellor momento.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade