O xefe da UME recorda que é a comunidade autónoma quen dirixe a emerxencia e autoriza a entrada dos militares
O xefe da UME recorda que é a comunidade autónoma quen dirixe a emerxencia e autoriza a entrada dos militares
O xefe da UME recorda que é a comunidade autónoma quen dirixe a emerxencia e autoriza a entrada dos militares
O mando dixo comprender a "dor", pero pide "paciencia"
Mazón afirma que pediu "toda a axuda posible" antes da "revolución meteorolóxica"
Case 17.000 militares, gardas civís e policías nacionais despregrados en Valencia
O Goberno cre que o achique de canles e subterráneos "pode cambiar o ritmo de achado de vítimas"
O tenente xeneral Javier Marcos, ao mando dos militares despregados pola DINA, lembrou que nun nivel dous de emerxencia quen dirixe a resposta á mesma é a comunidade autónoma e é o seu director de emerxencias quen autoriza a entrada dos soldados nas zonas afectadas.
"Ata que non chega esa autorización, eu non podo entrar na zona de emerxencia, e durante toda esta operación fun un escrupuloso cumpridor da lexislación en materia de emerxencia", salientou o xefe da UME durante a comparecencia de prensa ofrecida no palacio da Moncloa para dar conta da resposta ás inundacións xunto coa secretaria xeral de Transporte Terrestre, Marta Serrano.
Marcos insistiu en que "nunca pode entrar na zona de emerxencia sen a autorización do director de emerxencias correspondente da comunidade autónoma".
Eu podo ter mil soldados na porta da emerxencia, pero non podo entrar legalmente ata que o director da emerxencia me autorice, volveu insistir.
Preguntado pola posibilidade de declarar un nivel 3 de emerxencia que permita asumir o control de todo o operativo ao Goberno central, o xefe da UME respondeu que a súa misión é "servir para salvar" e que, por tanto, non lle corresponde outra decisión que non sexa a de traballar para cumprir co seu obxectivo
Comprende a "dor", pero pide "paciencia"
O tenente xeneral da UME pediu "paciencia" ante unha situación caótica cunha "terrible destrución de infraestruturas" que complica, dixo, o traballo dos 7.800 militares sobre o terreo que "fan todo o que poden e están a dobrar quendas".
"Estivemos e seguimos estando" nos 69 municipios da zona, nas estradas, as pontes e as casas illadas, asegurou o xefe da UME, á vez que lanzou unha mensaxe aos afectados: "Non deixamos unha casa atrás. Coñezo ben os meus soldados; están deixando a pel en cada momento".
Engadiu o mando militar que o dano na zona é "terrible", e iso fai que a mobilidade sexa limitada e aumente a complexidade. Por iso, explicou, hai que ser "disciplinados" e "ter paciencia" porque o aluvión de axuda que chega á provincia de Valencia "hai que xestionalo con corazón e con cabeza".
Marcos informou de que actualmente hai 6.600 efectivos das Forzas Armadas despregados e para as 20.00 horas deste luns esta cifra situarase nos 7.800.