Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xerente da Fonda Milagros cre que as 13 mortes na discoteca de Murcia se puideron evitar

O xerente da Fonda Milagros cre que as 13 mortes na discoteca de Murcia se puideron evitar

Foi o último dos seis investigados en declarar por 13 posibles homicidios imprudentes

G24.gal 13/02/2024 14:42

O xerente da Fonda Milagros pecha as comparecencias xudiciais dos seis investigados por 13 posibles homicidios imprudentes no incendio das discotecas de Murcia. 

Ás portas do xulgado Daniel Ramírez lembrou as vítimas dunha traxedia e dixo que "son cousas que si se poden evitar. Pódense evitar. Simplemente con que nos avisaran uns minutos antes, salvariamos 13 vidas. Simplemente son cousas que se poden evitar e ninguén nos avisou. Deixáronos, e simplemente non puidemos facer máis".

Para a súa defensa, os minutos perdidos foron letais. Francisco Adán mantivo que "Teatre detecta o lume ás 5:58 ou 5:59 máis ou menos, e a Fonda non detecta o lume ata catro minutos despois. Neses catro minutos de tempo daría tempo a desaloxar e que non houbera falecidos".

O investigado sinalou a Marco Martínez como o responsable de Teatre e a persoa coa que xestionou nos últimos anos o arrendamento do local de Fonda Milagros e as licenzas de apertura. Pensaba, dixo, que todo estaba correcto administrativamente.

"Había un contrato. Era un contrato de alugueiro. A Fonda alúgallo directamente a Marco e ata o último momento o que cobraba o arrendo era Marco", asegurou o avogado.

Marco Martínez é outro investigado. A semana pasada sostivo ante a maxistrada que levaba cinco anos desvinculado da explotación de Teatre e que só exercía un papel de arrendador.

A partir do próximo martes a xuíza escoitará a afectados polo incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade