Cargando resultados...
Dous detidos pola súa relación cos incendios das discotecas de Murcia en que morreron 13 persoas
Dous detidos pola súa relación cos incendios das discotecas de Murcia en que morreron 13 persoas
Son o xerente dun dos locais e o encargado de mercar as bengalas que causaron o incendio
Enfróntanse a 13 cargos por homicidio imprudente
G24.gal
10/11/2023 18:15
Última actualización 10/11/2023 18:20
Dous detidos en Murcia pola súa relación cos incendios das dúas discotecas onde morreron 13 persoas o mes pasado.
Os detidos son o xerente dun dos locais e o encargado de mercar o material pirotécnico que provocou o incendio.
As investigacións apuntan a que eran bengalas sen homologar, ou que foron trucadas para crear lume real.
Os dous detidos enfróntanse a cargos por homicidio imprudente das 13 vítimas.