Cargando resultados...
O xuíz arquiva a causa contra Colau polas subvencións a entidades afíns
O xuíz arquiva a causa contra Colau polas subvencións a entidades afíns
De acordo co criterio da Fiscalía, o maxistrado arquiva a investigación ao entender que non hai indicios de delito
G24.gal
01/07/2022 12:39
O titular do xulgado de instrución número 21 de Barcelona arquivou a causa que abriu á alcaldesa da cidade, Ada Colau, por mor dunha querela da Asociación pola Transparencia e a Calidade Democrática pola concesión de subvencións a entidades afíns.
De acordo co criterio da Fiscalía, o maxistrado arquiva a investigación ao entender que non hai indicios de delito na actuación de Ada Colau, dado que delegou as súas funcións relativas á concesión de subvencións e non consta que dese instrucións sobre elas.