Publicador de contidos
Publicador de contidos

Díaz defende o "modelo social" de Colau fronte á austeridade e as privatizacións

Díaz defende o "modelo social" de Colau fronte á austeridade e as privatizacións

A líder de Sumar apoiou a candidatura de Ada Colau en Barcelona cun chamamento á mobilización da "xente traballadora"

Lembrou que a cidade condal ten un gasto social de 235 euros por habitante, mentres a media estatal está en 80

 

G24.gal 22/04/2023 19:40 Última actualización 22/04/2023 20:03

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, estableceu un contraste de modelos. Por unha parte, o cualificado como "social" de Ada Colau e pola outra o "desregulatorio e privatizador" do candidato de Junts, Xavier Trias, e tamén do PP.

Así mesmo, criticou que os socialistas propoñan a ampliación do aeroporto do Prat en tempos de cambio climático.

Díaz foi recibida con berros de "presidenta" e proclamou que se acabaron as leis de austeridade tamén no municipalismo. Anunciou cambios no Estatuto Básico do Empregado Público para "acabar coa precariedade".

Ada Colau prometeulle que a vai axudar para que sexa a primeira muller progresista presidenta de España e, en correspondencia, Yolanda Díaz expresou o seu pleno apoio ao modelo municipal de Colau.

"O modelo, si, dos servizos públicos, das escolas infantís, de vivan as bibliotecas en todos os barrios, vivan os libros, viva a cultura! O modelo das xentes e os dereitos LGTBI, o modelo das xentes traballadoras desta cidade. Fago un chamamento a todos os traballadores e traballadoras a que se mobilicen en defensa do proxecto de Barcelona en Comù, a todos os traballadores e traballadoras de Barcelona".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade