O xuíz arquiva a investivación contra Brufau, Fanié, Repsol e CaixaBank no caso Villarejo
O xuíz arquiva a investivación contra Brufau, Fanié, Repsol e CaixaBank no caso Villarejo
O maxistrado da Audiencia Nacional considera que non participaron no encargo para investigar o intento de toma de control sobre a petroleira por Sacyr e Pemex
O xuíz da Audiencia Nacional, Manuel García Castellón, arquivou provisionalmente a investigación ao presidente de Repsol, Antonio Brufau, a quen fora o seu homólogo en CaixaBank, Isidro Fainé, e ás dúas empresas como persoas xurídicas, pola contratación do excomisario José Villarejo.
Nun auto coñecido este xoves, o maxistrado descarta que Brufau e Fainé participasen no encargo a Cenyt, empresa vinculada ao policía, para investigar o intento de toma de control sobre a petroleira por Sacyr e Pemex, e exonéraos de todos os cargos.
Trátase da segunda vez que o maxistrado arquiva a implicación dos dous directivos e as empresas desta causa, tras o arquivo provisional que decretou en xullo de 2021 e que foi revogado pola sala do penal en febreiro deste ano.
Fontes xurídicas confirmaron a Europa Press que o titular do Xulgado Central de Instrución Número 6 ditou un auto de pase a procedemento abreviado procesando como máximos responsables aos xefes de seguridade de senllas empresas no momento da contratación: Rafael Araujo (Repsol) e Miguel Ángel Fernández Rancaño (CaixaBank).