Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz dita prisión sen fianza para os 5 detidos pola violación grupal en Rubí

O xuíz dita prisión sen fianza para os 5 detidos pola violación grupal en Rubí

Os cinco detidos teñen entre 20 e 25 anos, a mesma idade que a vítima

A violación realizouse nunha nave derruída onde levaron a muller á forza

G24.gal 14/04/2023 16:13

O xuíz instrutor do caso de violación grupal de Rubí ditou orde de prisión provisional sen fianza para os 5 sospeitosos do ataque, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.

Os cinco detidos teñen entre 20 e 25 anos, a mesma idade que a vítima. A violación realizouse nunha nave derruída onde levaron a muller á forza. O xuíz considera que hai sospeitas fundadas de que cometeron o delito e que, ademais, existe risco de fuga, polo que están en prisión provisional sen fianza e abriu unha causa por agresión sexual grupal.

Aínda que a agresión sexual se produciu en decembro, non se coñeceu ata onte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade