Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz do caso ACUAMED pide revisar a petición de condenas pola reforma do delito de malversación

O xuíz do caso ACUAMED pide revisar a petición de condenas pola reforma do delito de malversación

O Goberno defende que a reforma non busca despenalizar ningún tipo de corrupción e confían no criterio dos xuíces

G24.gal 11/01/2023 07:52

Este xoves entra en vigor a reforma do Código Penal que reduce as penas por malversación, e xa comeza a ter consecuencias.

O xuíz que investiga o caso ACUAMED, por un suposto desvío de fondos neste organismo público, pídelle á Fiscalía que revise o seu escrito de petición de condenas por se fora necesario rebaixalas. E alonga tres meses a instrución para darlle a tempo a responder.

E ante a previsión de máis peticións dese tipo, a Fiscalía Xeral xa está traballando para fixar un criterio único.

Por este asunto, preguntáronlle á portavoz do Goberno en varias ocasións tras o Consello de Ministros.  Di que a reforma non busca despenalizar ningún tipo de corrupción e confía no criterio dos xuíces.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade