Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz do caso Rubiales cita o exseleccionador Jorge Vilda como investigado

O xuíz do caso Rubiales cita o exseleccionador Jorge Vilda como investigado

O director da selección Albert Luque, que ía comparecer este xoves ocmo testemuña, tamén será citado como investigado

G24.gal 27/09/2023 12:50 Última actualización 27/09/2023 13:42

O xuíz da Audiencia Nacional Francisco de Jorge, que investiga o expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) Luís Rubiales polos delitos de agresión sexual e coaccións á futbolista Jenni Hermoso decidiu citar como investigados ao exseleccionador Jorge Vilda e ao director da selección Albert Luque.

Fontes xurídicas informaron a Efe desta decisión do maxistrado, que os citou para o 10 de outubro, data na que tamén tomará declaración como investigado ao director de Márketing da RFEF, Rubén Rivera.

Luque estaba inicialmente citado como testemuña para mañá xoves, pero o xuíz optou por cambiar a súa condición á de investigado. Tras este cambio, De Jorge mantén as citacións previstas para mañá como testemuñas da xefa de prensa da selección feminina, Patricia Pérez, e do exdirector de Integridade da RFEF, Miguel Caba.

O maxistrado comezou o luns a rolda de interrogatorios coas declaracións dun irmán e unha amiga de Jenni Fermoso e as de dous peritos que elaboraron un informe a pedimento da defensa de Rubiales.

O irmán da futbolista e a súa amiga ratificaron e ampliaron a declaración que a xogadora xa prestou na Fiscalía cando formalizou a súa denuncia contra Rubiales. Nela asegurou que o bico non foi consentido e que tanto ela como a súa contorna recibiron presións por parte do círculo máis próximo ao expresidente da RFEF para que xustificase publicamente o ocorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade