O xuíz ordena o ingreso en psiquiatría do home acusado de matar a irmá en Vigo
O xuíz ordena o ingreso en psiquiatría do home acusado de matar a irmá en Vigo
Prorrogou a súa detención durante 72 horas ao concluír os forenses que non estaba en condicións de declarar
O titular do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo prorrogou durante 72 horas a detención do home arrestado por matar a irmá en Vigo, na parroquia de Lavadores.
Tamén decretou o seu traslado á unidade de psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Trátase dun ingreso involuntario acordado xudicialmente.
Mentres que perdure esta situación, o home permanecerá custodiado.
A decisión tomouse despois de que os forenses examinasen o detido e concluísen que non estaba en condicións de declarar.
O arrestado, de 63 anos, está tutelado pola administración galega a través da FUNGA.
A Xunta tamén confirma que a familia contactou telefonicamente coa fundación o luns amosando a súa preocupación pola descompensación do home.